Sistema de recirculación do aire para o CPD

Xa falamos este inverno dos problemas que tiñamos co aire frío, xa que o sistema de aire acondicionado non quenta o aire de entrada e, cando no exterior as temperaturas baixan moito, os equipos reciben ese aire frío directamente e apáganse.

Afortunadamente, xa está instalado e operativo o sistema de recirculación do aire, que engade un sistema de comportas e unha conexión entre a entrada e a saída do aire.

fotoaire

Os tubos que van para arriba forman parte doutro sistema de reaproveitamento do calor residual, para regular a temperatura doutros sistemas de aire acondicionado do centro.

Este sistema computerizado, manexa variables como a temperatura externa, a hora do día e a temperatura interna para decidir a posición das comportas que permiten ou non o refluxo do aire de saída cara ó sistema de aire acondicionado.

chart4

Nesta gráfica podemos atopar xa unha comparativa do antes e o despois, coas temperaturas de entrada de aire no clúster de computación. A liña verde corresponde á última semana completa de novembro, mentres que a liña azul á primeira semana completa de febreiro, xa co novo sistema funcionando. As temperaturas de entrada de aire siguen variando, pero en menor medida.

Tamén é certo que xa non vai tanto frío como nesas datas. En calquera caso, a Oficina de Xestión de Infraestruturas da Universidade está traballando aínda para calibrar este sistema, que é bastante complexo.

Actualizado (4/4/2014): Despois duns axuntes, esta é a gráfica actual de temperatura de entrada de aire da última semana:Temperaturas da última semanaComo se pode observar, o sistema consegue unha temperatura de entrada moi estable, que ronda os 16-17ºC, mellorando por moito a situación presentada no post orixinal.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *